XXIX Edisión

O Festival Rock and Dorna leva celebrándose dende o 1992, chegando no 2023 a súa XXIX edisión, que terá lugar entre os días 18 e 24 de xullo. Composto por un gran número actuacións musicais en formatos variados (na rúa, en esceario de pequeno formato, en gran esceario e en escenario flotante), recollendo  un amplio abanico de xéneros musicais (folk, o rock, rock alternativo, hip hop, electrónica, etc) e todas elas abertas ó público de forma gratuita.

O Festival ten lugar en Ribeira (A Coruña) e desenvólvese de maneira paralela a LXXV Sinjladura da Festa da Dorna (nomeada festa de interese turístico autonómico) e complementando as múltiples actividades que se programan na mesma.