PROJRAMA

MARTES 18 DE XULLO

Día adicado a Alfonso, párroco de Ribeira por axudar no que pode, deixarnos o local para as Cassandras, e enrollarse coa Dorna como pouca xente o fai. Jrasias, dioscheteñanajloria

22:38 h. Comesamos na Porta do Sol co consiertaso de FILLAS DE CASSANDRA, esas rapasas que están arrasando e que teñen cansións para as tataravoas e para as escobas de varrer a cusiña e que estarán en primisia na novena.

 

MIÉRCOLES 19 DE XULLO

Día adicado a Monbus pola súa puntualidá dorneira. Da justo chejar todos os días tan puntual a traballar, á escola ou á sita do hospital…

13.31 h Con puntualidade mellor que a de Monbus chejan desde La Puebla o jrupo HUMAN, que estarán no Malecón destrajando jitarras e dando un pouco de jerra na hora do vermú. (Chiringuitos de boa xente onde mollar a jorxa ou encher o bandullo: Galeón, Recoveira, Ventos Vellos, Bar Plaza, Golimbreo, Penin Grupo Tasca, Abuela Gloria, O recuncho, Cocoluche, Caseira, Taberna de Horse Luis, Idolos, D´Vicio, Arcos, Porrón 2.0, Matadero A Cuba, Kebab La Estambul, Chiringuito Pedra Pateira)

19.02 h A partir de esta hora, os brós mais respetados do país e as rimas máis difisiles de faser estarán no JIJÓ NO MALECÓN. Teremos en consierto a:

  • FUCK POSEIDON
  • RECHO
  • FABIO BUM RAP
  • BEAUTY PIKETE
  • 8 FERRADOS
  • REBELIOM DO INFRAMUNDO

Despois dos consiertos, haberá BATALLA DE JALLOS, asi que, si sabes rimar cousas como:

A Manolo Ruis picalle o naris porque ajora manda Luis.
Ajora vaise para o senado pa sejir co cu sentado
Ou

Contento quedou Visente
cos resultados das elecsións e ajora vai ir a Turquía
a poñer un melenón. APUNTATE

 

XOVES 20 DE XULLO

Día adicado a Cambiemos Ribeira, ese jrupo do faisbú no que hai doctorados, lisensiados, diplomados e expertos en calquera materia, conflicto, enfermedá, delitos ou calquera cousa que se che ocurra. Da justo ter xente tan preparada e estudiada na nosa siudá.

11.28h Recollida de lixo na Praia de Coroso cos compañeiros/as de Amicos e o seu PROXECTO REMAR.

Vente axudar a recoller plásticos de jusanitos, pajitas do sumosol e bolsas do jaley e axuda a manter limpa Ribeira.

13.32 h Empesamos outra SESIÓN VERMÚ co consierto de PAULIÑA no Malecón.

Colle forsas nos nos locais vesiños: Galeón, Recoveira, Ventos Vellos, Bar Plaza, Golimbreo, Penin Grupo Tasca, Abuela Gloria, O recuncho, Cocoluche, Caseira, Taberna de Horse Luis, Idolos, D´Vicio, Arcos, Porrón 2.0, Matadero A Cuba, Kebab La Estambul, Chiringuito Pedra Pateira.

00.01 h Resién chejados do monte, con desbrosadoras fasendo os tonos jraves e motoserras para darlle os toques mais ajudos, aparesen en escena larjando un Consiertaso os de TECOR SOCIETARIO, que ainda que teñan nome de cartel que aparese espichado (*jodechinchos: clavado. No tiene nada que ver con los genitales masculinos) nunha árbore resulta que era unha forma de publisidade encuberta que lle aconsellaron os da universidade de Jarvar.

(*Festivaleir@ de PRO: Nun día coma o de hoxe, con tanta xente buscando un jueco para ver ben as cousas, vai deixar colocarse no mellor sitio a quen ten máis dificultade para chejar a él)

VERNES 21 DE XULLO

Día adicado a Manolo Cores, o noso jrumete que xa está co resto do “alto e jordo estado maior” que nos sije vendo dende alá arriba. Sempre na nosa xeira.

13.01 h Salindo dunha caixa de cartón dos que non se venden no estanco de Lurdes, aparese o MAGO JOSE RIVERA fasendo filijranas con empanadas de xarda fresca para convertilas en bocadillos de bojavante máis rápido do que Ferrán Adriá esferifica un pexejo pelado (*jodechinchos: melocotón sin piel, persona con alopecia e/ou cabeza rasurada).

14.07 h THE LELLY KELLYS ainda que teñen nome inklés, sólo cantan en austríaco. Pero como os festilaveil@s falamos en esperanto despois do cuarto chinfrós, cantamos o estribillo en albanokosovar si fai falta. Podedes ir a velos no Malecón.

16.03 h Temos a dúas mulleriñas que nos ratos libres venden brajas e calsonsillos no mercadillo dos sábados para entrenar os tonos ajudos, e darán un consierto na Plasa do Sentenario, falamos de AMORES DE BARRA.

18.27 h Estamos na hora da merenda, e en ves de tomar pan con Nosilla, tomamos LEITE CON JALLETAS, ao ritmo dos rimember musicais que Fran e o resto da banda larjarán na Plasa de Vijo, ese lujar donde estaba correos.

20.02 h Si che justa eso de doblar cucharillas con solo miralas, de calcular cantos mililitros suman dous juarisnais e catro mirindas, ou adiviñar que o número premiado da lotería de nadal deste ano vai ser o 75023, imos ter ao MAGO JOSE RIVERA fasendo mentalismo no Malecón. Asércate a velo con jafas de sol porque é capás de inotisarche.

21.23 h Ainda que teñen nome de comida, e parese que veñen de Lombardía, os de MASKARPONE veñen de Ourense a dar un consierto no Malecón repartindo lambeta fina en forma de notas musicais.

23.31 h Si tes janas de quebrar a cadera, dislocar o homóplato, cambiar o orde das vértebras, ou sustituir o esternocleidomastoideo por unha suspensión de ballestas, pásate polo DANSING IN THE SITY, e ao ritmo dos mellores dilleis situados nas mellores plasas da sentenaria podes empesar a bater o esquelete ata que non quede nengunha pesa no seu sitio.

  • Poñemos a DJ HIJODELMÉDICO e a DJ NEL na Porta do Sol (na plasa da ijlesia, a ver si aprendemos que fai anos que xa se chama así) cos jrandes éxitos que sonaban no radiocasete do coche cando ibas ao médico en Santiajo pola carretera
  • Vas a ter a DJ CT na Rúa Alcalá Galiano (donde está a Recoveira e o Ventos Vellos) con música de taberna e trasas de jijó. Para encher juarisnais no Galeón, Recoveira, Ventos Vellos e vai comer aljo polo Golimbreo ou ó Kebab La Estambul
  • Os da PLANETDISCOMÓVIL vanse a poñer na Plasa de Pontevedra (Bandaurrio de toda la vida) enchufando luses de colores nos ollos dos da primeira fila mentras estiran a man hasia a lus pensando que é San Pedro que os está
  • Na Terrasa da Caseira estará DJ AVE MARÍA que xa sabedes que ese sempre pincha jevimetal con flow, o que ven sendo a rumba de Peret de
  • A este cando o bautisaron atrajandouselle unha pipa na jorxa e pasou de ser José Luis a DJ HORSE LUIS que pinchará no antijuo Malta, ahora chamado tamén Horse
  • Con máis sobriños que o cura de Currubedo, famoso no mundonteiro, pinchará o DJ ELTITOMIGUI no ÍDOLOS • E si non che cheja co perreo, o cacheteconcachete, el pasitopalante, ou as miusic sesions de bisarrap, na Plasa de Vijo teremos un TORO MECÁNICO para que @s mais valientes podan destrosar a cadera e abrir o esternón. Patrosinado e orjanisado por Penin Grupo

23.17 h. E aqueles que jastan melena, tachuelas, botas de punta de aseiro, casadora de coiro, pantalóns de eskai, e calsonsillo de perlé pódense pasar polo METALFEST DORNEIRO no Chirinjito Pedra Pateira. Haberá premio para o mellor punteo sin jitarra, meneo de melena de esquerda a dereita, e jrito en modo patadanosjuevos. O que ven sendo un jevi puro de oliva.

(*Festivaleir@ de PRO: sauda con educasión ao presidente da asosiasión de empresarios si se crusa con él, e cando xa non mira lle caja un peido e llo manda envasado cunha dedicatoria)

SÁBADO 22 DE XULLO

Día adicado a o barbeiro número Siete que viaxa a USA para perfesionar a técnica; e quixo ir a Dalas, e levounas.

12.37 h Chejadas de allende los mares, con lejuas de viaxe na súa quilla, entre marexada e jalerna, e tamén aljunhas que veñen desde o rio de Coroso, conséntrase a VII XUNTANSA DE EMBARCASIÓNS TRADISIONAIS no porto de Ribeira. Pásate a ver estas reliquias da náutica que permanecen vivas para dar testemuña do noso pasado e identidade dun pobo mariñeiro coma Ribeira.

 

DOMINGO 23 DE XULLO

Día adicado a esa cabesa pensante e os seus oitosentosepico de asesores que desideu sentar nas mesas electorais a uns cuant@s festivaleir@s nun día coma hoxe. Tendo o nasareno para faselo, tivo que escoller o domingo do Rock & Dorna.

00.04 h Si che justa bailar en modo sokotroko, cantar en re menor, e faser o perreo coma si tiveras unha lumbalgia crónica: vai para La Puebla, alí acóllenche cos brasos abertos. Aquí temos o Consiertaso de THE SKARNIVALS onde podes voltar a dislocar a cadera, xirar a cabesa 360 jrados, e faser o pinopuente, cas cansións que esta xente de con nome de coche coreano van a emitir polos enecientos kilowátios de son que inundarán o Malecón. Fai bo uso do capacho dorneiro e usao nas fanequeiras.

(*Festivaleir@ de PRO: non fai falta que lle manden recoller o lixo que deixa, recolleo sempre e tamén o lixo dos de Cuspedriños de Arriba que non saben que hai papeleras e contenedores para tiralo)

 

24 DE XULLO

Día adicado a Luispe Barral “o rapasiño”; que despois duns anos aprendendo a ser dorneiro, ajora é alcalde. Non reses moitos jesusitos de mi vida, nin avemarias, para que non che contamine a cabesa aljún dos que che rodea.

16.07 h Aínda que para os toristas, ayusitos e jodechinchos, paresa que o artefacto chejou doutro planeta, @s de aquí sabemos que é unha batea tuneada para que empese o Consierto da Batea na praia de Coroso a carjo do DOCTOR MIGRAÑA & THE SPEEDYFRIENDS eses rapases de Fondevila.

22.43 h Nada mais terminar e co esenario xa montado, directamente desde o projrama de Federico Jimenez Losantos, chejan ca emisora ao lombo os de RADIO ZAPA! nun consiertaso único que che faserá retumbar os cristais das jafas de sol.

00.03 h Chejados de Albuquerque, en puente aereo con Niucastle veñen a pechar o Rockandorna a banda NEVERLOURA, estos son bocata di cardinale para fanáticos da boa música.

01.01 h E ainda cos de Nerverloura dando chimpos e fasendo bises, entrarán en tromba para acompañalos a tocar e cantar o HIMNO DORNEIRO: XURXO SOUTO E ANCORADOIRO.

E aquí e cando aos festivaler@s se nos enchen os ollos de lájrimas ao ver que falta un larjo ano para volver a escoitalo, cantalo e vivir este momento.

(*Dorneir@ de PRO: usa o chuvasqueiro porque ainda que non chova, sempre empapa. E recorda que cando aljén di que NON, vai ser que NON; sin medias tintas, nin tintas enteiras. Sentidiño!)